A Biblioteca Nós de Ourense conmemora o Día das Bibliotecas cunha ruta polo Ourense de A Esmorga

OurenseXa
O sábado haberá ademais un xogo de letras arredor da palabra “Biblioteca”, conducido pola actriz Sabela Gago
monumento-blanco-amor-ourense
Monumento a Blanco Amor
24 Oct 2025

A Biblioteca Pública Nós de Ourense celebra o Día das Bibliotecas cunha proposta cultural que convida a descubrir a cidade a través da literatura. Este venres, o centro organiza unha ruta polo Ourense de A Esmorga, que permitirá ao público percorrer a parte antiga da urbe seguindo os pasos de Blanco Amor e dos personaxes da súa obra máis coñecida. Durante o percorrido, as persoas participantes poderán coñecer mellor a relación entre a cidade e a novela, así como os espazos reais que inspiraron o autor.

O programa continuará o sábado, cunha proposta dedicada á cativada, un xogo de letras arredor da palabra “Biblioteca”, conducido pola actriz Sabela Gago. Trátase dunha actividade de animación á lectura dirixida a nenos e nenas de 7 a 12 anos, con 15 prazas dispoñibles e que se celebrará ás 12.00 horas, tamén con inscrición previa.
Esta iniciativa enmárcase nas actividades organizadas pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude con motivo do Día das Bibliotecas, que busca poñer en valor estes espazos como lugares de encontro, coñecemento e participación cultural.

⚙ Configurar cookies
0.13383293151855