A Biblioteca Nós inaugura este venres unha exposición de Roberto Muradás

OurenseXa
Baixo o título Retratos, a mostra reúne unha selección de obras do artista ourensán
expo-muradas-biblioteca-nos
2 Jan 2026

A Biblioteca Nós inaugura este venres unha nova exposición artística que poderá visitarse durante todo o mes no primeiro andar do edificio. Baixo o título Retratos, a mostra reúne unha selección de obras do artista ourensán Roberto Muradás.

Muradás traballa fundamentalmente con tinta e emprega a técnica do puntillismo, un estilo minucioso que caracteriza a súa produción artística. A súa formación desenvolveuse no obradoiro de deseño da Escola Obradoiro Auria, onde foi alumno de profesionais recoñecidos como Xosé Lois Vázquez “El Che”, Manolo Vaicheboa e Baldomero Moreiras, entre outros.

A exposición ofrece ao público a oportunidade de achegarse ao traballo dun creador local e descubrir unha proposta artística baseada no detalle e na precisión técnica, nun espazo habitual de encontro cultural como é a biblioteca.

⚙ Configurar cookies
0.080389976501465