A Biblioteca Nós presenta o programa de actividades para o mes de maio

OurenseXa
Exposicións, encontros con autores e moitas máis actividades completarán un programa co foco posto no Día das Letras Galegas
Biblioteca Pública Nós, Ourense
Biblioteca Pública Nós, Ourense
1 May 2025

Durante o mes de maio, a Biblioteca Pública de Ourense Nós organiza unha ampla programación de actividades culturais, con especial atención á celebración do Día das Letras Galegas e á festa etnográfica Raigame, ademais de manter viva a lembranza do pobo palestino a través da súa oferta bibliográfica e audiovisual.

Exposicións

  • Especial Letras Galegas. Exposición de fotografías do Certame da Romaría Etnográfica "Raigame" (2024), celebrada cada 17 de maio en Vilanova dos Infantes (Celanova). A mostra estará dispoñible no vestíbulo da biblioteca. Acceso libre.
  • Fin de curso Escola de Artes e Oficios da Deputación de Ourense. Exposición de traballos do alumnado das distintas especialidades. Do 20 de maio ao 20 de xuño no vestíbulo da biblioteca. Acceso libre.

Mostras e centros de interese

  • LETRAS... Galegas. Mostra bibliográfica sobre narrativa infantil galega. Sala infantil, do 5 ao 30 de maio.
  • Cita a cegas coas letras galegas. No primeiro andar.
  • Centro de interese arredor das Cantareiras. Especial Letras Galegas 2025. Primeiro andar.
    Palestina. Paremos o xenocidio. Cine, novelas e documentos sobre a cultura e a situación actual de Palestina. No andar baixo da biblioteca.

Actividades continuadas para maiores de 14 anos

  • Curso de ilustración de cómic manga. Impartido por Yago García. Sábado 3 de maio ás 11.30 horas. Para maiores de 12 anos. Inscricións no 988 788 385.
  • Club de lectura xuvenil “Páxinas compartidas”. Sábados alternos ás 11.30 horas. Para persoas de 14 a 25 anos.
  • Club de lectura en francés. Luns ás 11.30 e ás 18.30 horas.
  • Club de lectura feminista “As marxes”. Luns 19 de maio ás 19.00 horas.
  • Club de lectura Cousas. Martes alternos ás 11.30 horas.
  • Curso de Historia da arte: a pintura do século XIX. Todos os martes ás 17.30 horas.
  • Club de cinema. Martes 13 de maio ás 19.00 horas. En colaboración co Cineclub Padre Feijoo.
  • Club de lectura en inglés. Todos os martes ás 19.00 horas.
  • Club de lectura Luz de Gas. Martes alternos ás 19.30 horas.
  • Club de lectura fácil. Mércores 14, 21 e 28 de maio ás 11.30 horas.
  • Club de poesía. Mércores alternos ás 18.00 horas.
  • Club de escrita creativa (14-30 anos). Mércores 7 de maio ás 18.00 horas.
  • Club de lectura de cómic da Biblioteca Nós. Mércores 14 de maio ás 19.00 horas.
  • Club de xogos de mesa. Mércores 21 de maio ás 17.00 horas. Espazo xove.
  • Club de escrita creativa de adultos (+30 anos). Xoves alternos ás 11.30 horas.
  • Club de lectura en galego. Mércores alternos ás 18.30 horas.
  • Club de lectura de novela negra. Xoves alternos ás 17.30 horas.
  • Club de debate Subir a por aire. Todos os xoves ás 19.00 horas.
  • Faladoiro en inglés. Todos os xoves ás 19.30 horas.
  • Taller de diarios creativos (Journalist). Sábados 10 e 24 de maio ás 10.30 horas.
  • Club de lectura Ágora. Venres alternos ás 18.00 horas.

Actividades puntuais para adultos

  • Encontro co escritor Xabier Quiroga. Mércores 7 de maio ás 19.00 horas. Aberto ao público e aos clubs de lectura da biblioteca. Neste encontro falarase da súa última novela Coa man esquerda, finalista da XVIII edición do Premio de Novela Europea do Casino de Santiago.
⚙ Configurar cookies
0.1552460193634