A Biblioteca Pública de Ourense Nós inaugurará un mural do artista Pablo Otero
OurenseXa
Será este martes, 7 de outubro, na Bebeteca

Biblioteca Pública Nós, Ourense
6 Oct 2025
Mañá martes 7 de outubro, ás 18:00 horas, a Biblioteca Pública de Ourense Nós estreará un mural creado polo artista visual e ilustrador Pablo Otero, que decorará o espazo da Bebeteca.
Durante varias semanas, Otero traballou no espazo, observando o seu contorno e lendo contos, para logo transformar esas experiencias en cores, formas e personaxes que agora enchen de vida o recuncho destinado aos máis pequenos.
Desde a biblioteca animan á cidadanía a asistir ao acto, que será unha ocasión para celebrar a arte, a lectura e a infancia.