A Bola acolle un novo roteiro de natureza en Podentes

O Concello da Bola anima a veciñanza a participar nun novo roteiro de natureza organizado por A Broa Sendeirismo. A actividade terá lugar o próximo domingo 1 de marzo de 2026, a partir das 10:00 horas, e consistirá no Roteiro Circular de Podentes, unha andaina que permitirá descubrir a contorna da Souteira e disfrutar dun percorrido que combina patrimonio e paisaxe.
A ruta ten unha lonxitude de 9,6 km e un desnivel de 310 metros, cunha dificultade técnica moderada, polo que resulta adecuada para calquera persoa que queira pasar unha mañá activa ao aire libre. O punto de saída e chegada será no peto de ánimas da praza da Souteira, en Podentes.
Para participar, os interesados só precisan inscribirse chamando a algún dos números facilitados pola organización. Desde o Concello da Bola destacan o apoio ao labor de A Broa Sendeirismo, que continúa dinamizando o territorio e ofrecendo actividades saudables e abertas a toda a veciñanza.