A Bola acollerá en abril un taller práctico sobre a redución do gasto enerxético

O Concello de A Bola, en colaboración coa Fundación Naturgy e a súa Escola de Enerxía, organiza un taller práctico dirixido ás familias do municipio co obxectivo de entender mellor as súas facturas de luz e gas e reducir o gasto enerxético.
Durante a actividade, os participantes aprenderán a interpretar a súa factura, aplicar cambios sinxelos para pagar menos, coñecer as axudas do Goberno ás que poden acceder e entender que é o Bono Social e como solicitalo. A atención será personalizada, polo que se recomenda traer a factura (non é necesario que sexa de Naturgy).
O taller celebrarase o 28 de abril ás 10:30 horas no Aula CeMIT de A Bola. A actividade é totalmente gratuita e sen carácter comercial, pensada para mellorar o benestar das familias do municipio.
Para máis información, os interesados poden contactar con Lucía Pardal no teléfono 988 45 12 93.