A Bola acollerá un curso de competencias dixitais para persoas que viven no rural

O Concello de A Bola impulsa o curso básico de competencias dixitais “Reto Rural Digital”, dirixido a persoas que viven en contornos rurais e desexan mellorar o seu manexo do móbil, internet, redes sociais e trámites dixitais.
O curso desenvolverase do 1 ao 3 de decembro na Aula CeMIT de A Bola, en horario de 10:00 a 13:00 horas. Entre os contidos inclúense o uso básico do móbil e internet, redes sociais, busca de información, banca móbil, aplicacións de saúde, certificado dixital e acceso ás administracións públicas.
Trátase dunha formación práctica e adaptada ás necesidades cotiás, co obxectivo de fomentar unha dixitalización inclusiva para que ninguén quede atrás.