A Bola creará un “Bosque Comestible” coa participación veciñal

O pasado sábado, 26 de abril, o concello da Bola celebrou unha xornada de plantación de árbores froiteiras e froitos vermellos como parte do proceso para dar forma ao futuro "Bosque Comestible da Bola".
A iniciativa, desenvolvida de maneira colectiva e pensada para toda a veciñanza, está concibida como un espazo de educación ambiental e de conexión coa natureza. Ademais, segundo informa o Concello, a produción futura do bosque destinarase á veciñanza e a comedores sociais. A propia alcaldesa da Bola, Teresa Barge, participou na xornada de plantación celebrada o pasado sábado.