A Bola inicia obradoiros de tecnoloxía para mozos de 10 a 18 anos

OurenseXa
As actividades levaranse a cabo desde este martes ata o xoves, 17 de xullo
1-aula-cemit-vicedo-ordenadores
15 Jul 2025

Este martes 15 de xullo arrancan na aula CeMIT de A Bola os obradoiros de formación tecnolóxica “maker”. As actividades, que se desenvolverán en tres sesións de dúas horas e media cada unha, levaranse a cabo ata o xoves, 17 de xullo.

Os participantes poderán aprender sobre deseño e impresión 3D, electrónica, robótica e programación. Todos os obradoiros están dirixidos a mozos de entre 10 e 18 anos.

⚙ Configurar cookies
0.18840312957764