A Bola ofrece unha formación gratuíta para mellorar a educación financeira da veciñanza

OurenseXa
A iniciativa está dirixida a todas as idades e busca mellorar as competencias financeiras básicas da cidadanía
rexistro-xeral-ordenador-informatica
26 Jul 2025

O Concello da Bola impulsa unha nova acción formativa baixo o título “Finanzas para todos”, que se celebrará os días 19, 20 e 21 de agosto na Aula CeMIT da localidade. A iniciativa está dirixida a todas as idades e busca mellorar as competencias financeiras básicas da cidadanía mediante ferramentas prácticas e accesibles.

Durante tres sesións, as persoas asistentes terán a oportunidade de adquirir coñecementos útiles para a xestión eficaz da súa economía persoal. O curso abordará cuestións como a identificación de billetes falsos, o uso de Bizum e das transferencias bancarias sen necesidade de acudir a unha oficina, así como consellos sobre seguridade nos pagos con tarxeta.

A proposta busca achegar a educación financeira dun xeito sinxelo e adaptado á realidade cotiá, reducindo a fenda dixital e fomentando a autonomía económica da poboación. As inscricións xa están abertas e poden realizarse a través dos teléfonos 988 45 12 93 ou 604 03 79 52.

⚙ Configurar cookies
0.16925001144409