A Bola organiza un curso sobre o uso de aplicacións para xestionar trámites en internet

OurenseXa
A formación desenvolverase na aula CeMIT do 24 ao 27 de novembro en horario de mañá
internet
8 Nov 2025

O Concello da Bola organiza unha nova actividade formativa baixo o título “Apps para xestionar trámites en internet”, que se impartirá na aula CeMIT do municipio entre os días 24 e 27 de novembro, en horario de 10:30 a 13:30 horas.

O curso está dirixido a persoas interesadas en aprender a utilizar aplicacións móbiles e ferramentas dixitais que faciliten a realización de xestións e trámites administrativos a través da rede, evitando así desprazamentos innecesarios.

Desde o Concello animan á veciñanza a participar nesta iniciativa, que busca fomentar as competencias dixitais e a inclusión tecnolóxica no ámbito rural.

As persoas interesadas poden obter máis información ou formalizar a súa inscrición nos teléfonos 988 45 12 93 ou 604 03 79 52.

⚙ Configurar cookies
0.079032182693481