A Bola organiza unha festa de Entroido para os máis pequenos

OurenseXa
Haberá obradoiros, xogos e diversas actividades de animación no Salón de Plenos da Casa do Concello
festiña-entroido-a-bola
12 Feb 2026

O Concello de A Bola organiza este venres, 13 de febreiro, unha Festiniña de Entroido pensada especialmente para as nenas e nenos do municipio. A actividade terá lugar ás 17:00 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello e incluirá obradoiros, xogos e diversas actividades de animación.

O Entroido, destacan desde o Concello, “é un recordo vivo da nosa identidade, un fío que une xeracións e que enche as rúas de risas, cores e complicidade”. Por iso, a celebración busca ser un espazo no que familias e veciñanza poidan gozar xuntas, reforzando o espírito de unión que caracteriza a comunidade.

⚙ Configurar cookies
0.081532001495361