A Bola pon en marcha o programa de sensibilización para a corresponsabilidade
O Concello de A Bola pon en marcha o programa de sensibilización para a corresponsabilidade "Familias, coidados e botrato", que comezará este mércores, 8 de maio.
A xornada está dirixida a sensibilizar aos homes e familias sobre corresponsabilidade e sobre a importancia de que se impliquen nas labores de coidados para camiñar cara a unha sociedade igualitaria. Nela, traballarase "de forma dinámica e participativa sobre que son os coidados, como os vivimos en función do noso xénero, que tempo e espazo adicámolles no noso día, que consecuencia ten na nosa saúde e que cambios podemos introducir na nosa dinámica familiar para distribuílos de forma xusta", informan dende o Concello.
A actividade, que terá lugar entre as 17.30 e as 19.00 horas no Salón de Plenos do Concello, é de balde para as pesoas que queiran asistir e estará dinamizada por por profesionais de Xeracción S. Coop. Galega, unha cooperativa de acción social e intervención socio e psicoeducativa especializada en xénero e feminismo.