A Bola presentou en Santiago o seu Bosque Comestible como exemplo de boas prácticas ambientais

O Concello de A Bola participou na “I Xornada de Boas Prácticas Comunitarias en Saúde Ambiental”, organizada pola Cátedra de Saúde Ambiental da Universidade de Santiago de Compostela e a Consellería de Sanidade. A técnica municipal Lucía Pardal acudiu en representación do Concello para explicar o proxecto Bosque Comestible de A Bola, seleccionado como exemplo de iniciativa comprometida co coidado do medio ambiente e cos obxectivos da Axenda 2030.
Durante a presentación, destacouse o carácter comunitario do proxecto, deseñado para promover a educación ambiental e a conexión coa natureza. O Bosque Comestible de A Bola está pensado como un espazo aberto á veciñanza, no que se fomenta a participación cidadá e a sustentabilidade.
A produción obtida deste bosque destinarase tanto aos veciños e veciñas como a comedores sociais, reforzando o seu valor social e solidario, unha iniciativa que sitúa ao concello como un exemplo de boas prácticas locais que combinan sustentabilidade, educación e acción comunitaria.