A Cabalgata de Reis de Xunqueira de Ambía será este luns
OurenseXa
Haberá unha recepción real na que os máis pequenos poderán entregar as súas cartas

3 Jan 2026
Xunqueira de Ambía recibirá un ano máis a visita dos Reis Magos de Oriente na tarde do 5 de xaneiro. Melchor, Gaspar e Baltasar chegarán ao municipio a partir das 16.30 horas para participar nunha xornada pensada especialmente para o público infantil.
A visita incluirá unha cabalgata polas rúas da localidade e unha recepción real na que os máis pequenos poderán entregar as súas cartas e recibir agasallos das Súas Maxestades. Como peche da tarde festiva, está prevista unha chocolatada para todas as persoas asistentes.