“A caída da folla” chega en novembro a Pereiro de Aguiar cunha xornada de sendeirismo e micoloxía

O sábado 8 de novembro, Pereiro de Aguiar será escenario dunha nova edición de “A caída da folla”, dentro do programa Experiencias de Outono 2025 na Ribeira Sacra.
A actividade, titulada “Cestas e ao bosque!”, combinará unha saída de sendeirismo co estudo e recoñecemento de diferentes especies de cogomelos, como boletus, lactarius ou macrolepiotas. Os participantes terán a oportunidade de aprender a identificar as distintas variedades e recoller as máis saborosas.
A xornada concluirá cun menú degustación, que permitirá gozar dos produtos recollidos e da gastronomía local, pechando así unha experiencia que combina natureza, cultura e aprendizaxe sobre o medio rural.