A campaña de doazóns de sangue de ADOS chega este mércores a Xunqueira de Ambía

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue de Galicia (ADOS) desprazará a súa unidade móbil de doazóns este mércores, 22 de outubro, a Xunqueira de Ambía. O autobús estará situado na praza do Concello a partir das 18:00 horas.
A axencia lembra que hospitais galegos precisan a diario entre 400 e 500 doazóns para atender urxencias, cirurxías, transplantes e tratamentos en hospitais de día, e animan á poboación a sumarse á campaña, xa que dende única doazón extráense tres compoñentes —hematías, plaquetas e plasma—, polo que un doante pode beneficiar até tres persoas.