A campaña ‘Toponimízate’ chega este venres a Baños de Molgas

OurenseXa
A actividade, que pretende recuperar os nomes tradicionais dos lugares e poñer en valor a historia, a identidade e a lingua propias da zona, terá lugar no baixo do centro de saúde
toponimizate-baños-de-molgas
26 Jun 2025

O venres 27 de xuño, ás 19:30 horas, celebrarase en Baños de Molgas a actividade ‘Toponimízate’, unha iniciativa de dinamización da lingua e cultura galegas a través da toponimia. O encontro terá lugar no baixo do centro de saúde.

O obxectivo desta actividade é recuperar os nomes tradicionais dos lugares, o que supón recuperar a historia, a identidade e a lingua propias da zona. Está dirixida a todas as persoas que coñezan nomes antigos de lugares, os herdaran das súas familias ou queiran aprender máis sobre este tema.

A actividade está organizada pola Xunta de Galicia, a Real Academia Galega, o Concello de Baños de Molgas e a Rede de Dinamización Lingüística.

⚙ Configurar cookies
0.16003084182739