A cantante portuguesa, LINA, trae a súa xira ao Teatro Principal de Ourense
A cantante portuguesa, LINA, trae a súa xira ao Tetro Principal de Ourense cun concerto que terá lugar o próximo 14 de novembro onde presentará o seu novo traballo, 'Fado Camões'. Así, fará unha parada na capital das Burgas dentro da súa xira europea, que a levará a percorrer cidades como París, Estocolmo, Turnhout, Lisboa, Porto, Viena ou Zürich.
LINA é recoñecida en todo o mundo pola súa reinterpretación contemporánea do fado, o xénero musical tradicional de Portugal. Cunha sólida formación en música clásica e unha voz profunda e melancólica, LINA logrou combinar o fado con elementos modernos, creando unha proposta única e cativadora.
A cantante logrou levar esta combinación a escenarios importantes en Europa, cativando a novas audiencias e achegando o fado a unha xeración que quizá non sentiría atraída polas versións tradicionais.