A Carreira Pedestre do Nadal de San Cibrao das Viñas celebrou a súa undécima edición con récord de participación

San Cibrao das Viñas acolleu este domingo, 15 de decembro a súa XXI Carreira de Nadal, que este ano foi todo un éxito tras esgotar todas as prazas unha semana antes da cita.
Os participantes da categoría absoluta percorreron 10 quilómetros nesta xornada deportiva que, este ano, bateu récords de inscricións nas categorías escolares e pitufos, que percorreron un total de 2 quilómetros e 100 metros, respectivamente.
O presidente da Deputación, Luis Menor, asistiu á entrega de trofeos xunto á alcaldesa de San Cibrao das Viñas, Marta Nóvoa, quen agradeceu aos participantes que fixeran posible esta edición.