A Carreira Popular da Valenzá de 2025 xa ten data de celebración

O Concello de Barbadás anunciou que a próxima edición da Carreira Popular A Valenzá celebrarase o domingo 21 de setembro de 2025.
O evento deportivo contará con tres categorías adaptadas a diferentes idades e niveis: biberóns, cun percorrido de 200 metros; categoría escolar, de 2,4 quilómetros; e categoría de adultos, con opcións de 5 e 10 quilómetros.
Desde o Concello sinalan que as inscricións abriranse en breves, polo que se recomenda estar atentos aos canais oficiais para poder participar nunha das citas deportivas máis consolidadas do municipio.