A Casa da Cultura de Allariz acolle o espectáculo "A todo Risco"

A Casa da Cultura de Allariz acolle hoxe o espectáculo "A todo Risco", de Avelino González. O espectáculo está enfocado aos rapaces e as rapazas de 4º da ESO do IES Allariz.
"A todo Risco" está organizado en colaboración coa Fundación Vicente Risco e xira arredor da vida e da obra do coñecido escritor e antropólogo ourensán, unha das principais personalidades da Xeración Nós.