A Casa da Cultura de Allariz acollerá a exposición fotográfica ‘Destino’ de Manuel Valcárcel

OurenseXa
Poderase ver a partir do 29 de xaneiro con entrada libre
destino-unha-peregrinacion-de-manuel-valcarce
17 Jan 2026

Do 29 de xaneiro ao 3 de marzo, a Casa da Cultura de Allariz acollerá a exposición fotográfica “Destino”, do fotógrafo galego Manuel Valcárcel. A mostra poderá visitarse de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:30 horas, con entrada libre.

A exposición presenta catro peregrinacións en catro países e continentes diferentes —Tíbet, Senegal, México e Galicia— que ofrecen unha experiencia tanto física como interior, chea de emoción, vida e cor.

A través da fotografía documental, “Destino” aborda temas universais como a familia, a emigración, o envellecemento, a sostibilidade e o fogar, conectando historias diversas que comparten un mesmo destino.

⚙ Configurar cookies
0.089550018310547