A Casa da Mocidade acolle unha nova edición do Barbadás Gaming

OurenseXa
Dende este martes e mércores, o municipio acollerá diferentes actividades relacionadas cos videoxogos
barbadas_gaming_1
31 Mar 2026

A Casa da Mocidade acollerá este martes e mércores, 31 de marzo e 1 de abril, unha nova edición do evento dedicado aos videoxogos organizado polo Concello de Barbadás, que nesta ocasión chegará á súa quinta edición con propostas centradas no lecer dixital para a mocidade.

A iniciativa, coñecida como Barbadás Gaming, ofrecerá durante dúas xornadas diferentes actividades relacionadas cos videoxogos, incluíndo competicións, experiencias de realidade virtual, simuladores de condución e as últimas novidades en PlayStation 5. A participación será gratuíta e está dirixida a mozos e mozas a partir dos 12 anos.

O encontro desenvolverase en horario de mañá e tarde, entre as 11:00 e as 14:00 horas e entre as 16:30 e as 20:30 horas durante o martes 31 de marzo e o mércores 1 de abril. Durante o evento tamén haberá persoal municipal para atender as dúbidas ou necesidades das persoas participantes.

Desde o goberno local subliñan ademais a importancia de impulsar actividades dirixidas á poboación nova, un colectivo que, segundo o alcalde, moitas veces conta con poucas alternativas de lecer. Neste sentido, Valcárcel explicou que a iniciativa tamén busca, ademais de ser un espazo de encontro e lecer, dar a coñecer as instalacións da Casa da Mocidade para que a xuventude saiba que pode utilizalas ao longo de todo o ano.

0.37730193138123