A Casa da Mocidade de Allariz acolle este sábado unha xornada de xogos de mesa

OurenseXa
O torneo de Heat será a actividade principal, pero durante toda a xornada haberá outros xogos de mesa dispoñibles para todos os asistentes
xogos-de-mesa-allariz
27 Feb 2026

Allariz acollerá este sábado, 28 de febreiro, unha xornada de xogos de mesa na Casa da Mocidade, que se converterá no punto de encontro do lecer e a diversión. O evento desenvolverase de 10:30 a 20:30 horas e a entrada será gratuíta.

O torneo de Heat será a actividade principal, pero durante toda a xornada haberá outros xogos de mesa dispoñibles para todos os asistentes. A iniciativa busca combinar diversión, competición e bo ambiente nun espazo pensado para compartir experiencias e pasar un día diferente en compañía.

0.12140011787415