A "Casa de Aspadisi" abre as súas portas

OurenseXa
O centro residencial pretende dará resposta ás persoas con diversidade funcional e acoller a aquelas persoas que xa non poden seguir coidando dos seus fillos
Casa_Aspadisi_inauguracion
Acto de inauguración de
29 Feb 2024

A conselleira de Política Social e Xuventude en funcións, Fabiola García, a deputada provincial Patricia Torres, e o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, acudiron onte ao acto inaugural de "A Casa de Aspadisi", que conta co apoio económico da Xunta e da Deputación de Ourense.

Na súa intervención, Patricia Torres agradeceu “o traballo e o esforzo realizado por todas as persoas que forman parte desta entidade, que lograron aglutinar o apoio público e privado para que hoxe sexa unha realidade esta infraestrutura tan demandada polos familiares de persoas con diversidade funcional”.

Neste sentido, Patricia Torres lembrou que a Deputación de Ourense colaborou cunha achega de 300.000 euros para a construción do edificio da residencia-centro da Asociación de Pais de Discapacitados Psíquicos da comarca do Carballiño (Aspadisi). “Desde o goberno provincial estaremos sempre ao carón destas necesidades reais e tan importantes para a nosa sociedade”, asegurou a deputada provincial.

Este centro residencial pretende non só dar resposta ás persoas con diversidade funcional que precisen atención cando non conten co seu soporte familiar, senón que ademais conta con habitacións dobres que están pensadas para acoller a aquelas persoas que xa non poden seguir a coidar dos seus fillos, para ofrecerlles a posibilidade de seguir compartindo a súa vida con eles nesta residencia.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18502998352051