A Casa dos Poetas acolle este venres a presentación do libro ‘Contos sen parche no ollo, nin pata de Pau’

OurenseXa
A cantante María do Ceo será a encargada de poñer a música durante o evento
presentacion-casa-dos-poetas
31 Jan 2025

A Casa dos Poetas de Celanova acolle este venres a presentación do libro ‘Contos sen parche no ollo, nin pata de Pau’, unha obra de Armando González, que estará acompañado por Daniel Méndez Veloso, ilustrador da obra, Avelino Jácome (editor), Juanjo Lamelas e Antonio Piñeiro.

Ademais, o autor presentará tamén a obra ‘Pasos na azotea e escola imposible (e incorrecta)’. Será ás 19.30 horas na Casa dos Poetas de Celanova. A presentación contará ademais coa actuación musical de María do Ceo, artista recoñecida internacionalmente como un referente na tradición do fado.

0.17104196548462