A Casa dos Poetas acollerá este venres a presentación de ‘A nación dos mil viños’

A Casa dos Poetas de Celanova será o escenario da presentación da publicación ‘A nación dos mil viños’, unha obra asinada por Martiño Santos Canosa, Xosé Gontán Sobrino e Toño Núñez Amigo-Rivadulla. O acto celebrarase o venres 28 de novembro de 2025, ás 19:30 horas. A sesión estará introducida por Xulio Pérez, veciño de Ramirás.
A iniciativa está organizada pola Fundación Curros Enríquez e conta co apoio do Concello de Celanova, da Deputación de Ourense, da Xunta de Galicia e da Editorial Laiovento. O evento é de entrada libre ata completar aforo.