A Casa dos Poetas acollerá este venres unha nova presentación literaria

OurenseXa
O escritor Suso Díaz Estévez presentará ‘Diálogo en ausencia de Ángel Campos Pámpano’
presentacion-libro-celanova
9 Apr 2025

A Casa dos Poetas de Celanova acolle o venres, día 16 de abril de 2025, ás 20.00 horas a presentación do libro ‘Diálogo en ausencia de Ángel Campos Pámpano’ de Suso Díaz Estévez, que estará acompañado no acto por Xoán Carlos Domínguez Alberte.

Segundo palabras de Suso Díaz este libro “trátase dun traballo que escribín no 2022, cando me propuxeron participar noutro libro en homenaxe a Ángel Campos Pámpano, e no que dialogo cos versos de Ángel para crear poemas coa forma do haiku. Logo, o proxecto amosoume outras lecturas, varias, que as ofrezo, coas indicacións oportunas aos lectores; e, abofé que hai outras distintas ás que vexo eu; mesmo, o índice tamén é outra fonte de inspiración para crear novos poemas”. Tamén, di, “é un libro no que o galego e o castelán dialogan para crear un espazo poético”

⚙ Configurar cookies
0.18084001541138