A Casa dos Poetas acolleu a presentación de ‘Iluminounos o lume’, de Henrique Feixó

OurenseXa
Henrique Feixó, nado en Outomuro (Cartelle) en 1952, é tamén autor de títulos como ‘Arrebolarlle á lingua’ e ‘Mundil’
presentacion-enrique-feixo-casaa-dos-poetas
29 Sep 2025

A Casa dos Poetas de Celanova foi escenario o pasado venres 26 de setembro da presentación do novo libro de Henrique Feixó Feixó, titulado ‘Iluminounos o lume’.

No acto participou o propio autor, que estivo acompañado polo tamén escritor Xoán Carlos Domínguez Alberte, quen dialogou con el arredor da obra.

Henrique Feixó, nado en Outomuro (Cartelle) en 1952, é tamén autor de títulos como ‘Arrebolarlle á lingua’ e ‘Mundil’, este último presentado en 2024 igualmente na Casa dos Poetas.

Con esta actividade, a Fundación Curros Enríquez pecha o ciclo de presentacións literarias programadas para o mes de setembro.

⚙ Configurar cookies
0.10356593132019