A Casa dos Poetas de Celanova inaugura unha mostra inspirada na obra de Curros Enríquez

OurenseXa
Baixo o título ‘Aires reinterpretados’, Julio García exporá pinturas e figuras inspiradas nas obras de Manuel Curros Enríquez ata o 21 de decembro
Diseño sin título - 1
‘Aires reinterpretados’
30 Nov 2024

A Casa dos Poetas inaugurou este venres, 29 de novembro, a súa última exposición de 2024, que recolle unha serie de imaxes inspiradas na obra de Manuel Curros Enríquez.

Baixo o título ‘Aires reinterpretados’, Julio García exporá pinturas e figuras inspiradas nas obras de Manuel Curros Enríquez ata o 21 de decembro.

A mostra poderase visitar de martes a venres de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 18.00 horas e os sábados de 11.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 18.00 horas, aínda que os festivos permanecerá pechada.

Julio García é licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo e ampliou a súa formación cursando deseño industrial e asistindo a clases de distintas disciplinas artísticas como debuxo, cerámica e madeira, impartindo posteriormente diferentes talleres e clases de pintura. É un artista que lle gusta combinar disciplinas e materias que van desde o lapis, pastel, collage, acrílico, acrílico, madeira, arxila polimérica…

Para esta ocasión decidiu inspirarse na obra "Aires da miña terra". Sobre unha selección dalgúns dos poemas máis representativos de Curros (Mirando o chau, Adriós a Mariquiña Puga, O maio ou Nouturnio), realizou unha libre interpretación na pintura, segundo a liña temática de cada poema, tocando temas como a situación social da época, a emigración, a crítica social ou a exaltación da natureza. Para complementar a mostra decidiu elaborar e  expor figuras en miniatura de Manuel Curros Enríquez e Rosalía de Castro.

0.17230820655823