A Casa dos Poetas de Celanova presenta o venres 16 'Dominicana Post Tenebras', de Angelina Núñez

OurenseXa
A autora, de orixe dominicana e veciña de Quintela de Leirado desde hai anos, dará a coñecer o libro nun acto previsto para as 19.30 h e no que participarán representantes de entidades sociais e institucionais
CELANOVA dominicana
11 Jan 2026

A Casa dos Poetas de Celanova acollerá o vindeiro venres 16 de xaneiro de 2026, ás 19.30 h, a presentación de 'Dominicana Post Tenebras', a nova obra de Angelina Núñez, escritora de orixe dominicana residente desde hai anos en Quintela de Leirado.

O acto contará con varias intervencións e acompañamentos. Xunto á autora estarán Tania Salgado, coordinadora de Cruz Vermella en Celanova; Julio Padial, modelo internacional e actor; Elizabeth Taveras, representante da diáspora dominicana en Verín; Noemí Fernández, en representación da alcaldía de Quintela de Leirado; e Teresa Barge, en nome do Concello de Celanova.

A cita servirá para achegar ao público unha proposta literaria que conecta experiencias e identidades, nun encontro aberto á veciñanza no que se pon o foco tanto na autora como no diálogo arredor da súa obra.

⚙ Configurar cookies
0.092210054397583