A cativada de Allariz ten unha nova cita cos Canticontos na Biblioteca Municipal

OurenseXa
Será este mércores e poderán asistir nenos e nenas de entre 3 e 8 anos
canticontos-getse-valenzuela-allariz
13 Apr 2026

O Concello de Allariz organiza unha nova sesión de Canticontos baixo o título “Compartir a vida”, unha actividade dirixida ao público infantil que combinará música e narración de historias.

A proposta terá lugar o mércores 15 de abril, ás 17:30 horas, na Biblioteca Municipal de Allariz, e estará conducida por Getse Valenzuela. A actividade está pensada para nenos e nenas de entre 3 e 8 anos.

As prazas son limitadas e é necesaria inscrición previa ata completar aforo. As persoas interesadas poden reservar a súa participación chamando ao 988 440 859 ou enviando un correo electrónico a cultura@allariz.gal.

0.11956095695496