A cativada de Allariz ten unha nova cita cos obradoiros de contos, música e danza con Getsemany Valenzuela

Allariz acollerá este sábado, 14 de marzo, unha nova xornada lúdica e creativa dirixida a nenos e nenas de entre 2 e 6 anos, na que a imaxinación, o ritmo e o movemento serán os protagonistas. A actividade estará guiada por Getsemany Valenzuela e combinará música, contos e danza nunha experiencia pensada para fomentar a creatividade dos máis pequenos.
O evento terá lugar no segundo andar do Fogar dos Maiores de Allariz, en dúas quendas: de 11:00 a 12:00 horas e de 12:00 a 13:00 horas. As prazas son limitadas, polo que se recomenda inscribir aos nenos con antelación chamando ou enviando un WhatsApp aos números 988 554 059 ou 683 614 691.