A cativada de Coles gozou dunha gran festa de Samaín

Este sábado, 25 de outubro, o Pavillón de Coles acolleu unha festa infantil de Samaín organizada pola ANPA do CPI Antonio Faílde, coa colaboración do Concello de Coles.
Durante a festa, os nenos e nenas gozaron de inchables, chocolatada e diversas actividades, ademais de participar nun recorrido terrorífico de truco ou trato. Os asistentes acudiron disfrazados, entrado de cheo no espírito do Samaín, nunha tarde chea de risas, diversión e algún que outro susto.