A cativada de Verea comparte panxoliñas e rosca de Reis coa residencia de maiores de Bangueses

OurenseXa
Nenos e nenas visitaron o centro, entregaron postais e pulseras feitas por eles e compartiron unha merenda nun encontro interxeracional
VEREA nadal
5 Jan 2026

Un grupo de nenas e nenos do Concello de Verea achegouse á residencia de maiores de Bangueses para compartir unha tarde de Nadal coas persoas usuarias do centro. Durante a visita, a cativada cantou panxoliñas, entregou postais e pulseras e participou nunha merenda na que non faltou a rosca de Reis, nun ambiente de convivencia e emoción.

Dende o Concello agradeceron a implicación de nenos e nenas e tamén de nais e pais que acompañaron a actividade, así como a disposición da residencia por abrir as portas e facer posible un encontro que busca reforzar os vínculos entre xeracións e combater a soidade nestas datas.

⚙ Configurar cookies
0.083209037780762