A celebración do Día do Libro abandona a rúa do Paseo
A rúa do Paseo de Ourense non acollerá este ano a celebración do Día do Libro, senón que esta trasládase aos Xardíns do Padre Feijoo. O motivo débese á decisión do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, de prohibir as feiras nesta céntrica rúa, escenario tradicional de este tipo de festexos.
Según o goberno municipal “non procede en absoluto realizar unha feira no medio dunha rúa, invadíndoa con "stands" xa que, dende o punto de vista do alcalde, "este tipo de eventos, coa instalación de expositores a pé de rúa, ocasionan prexuízos en materia de visibilidade e accesibilidade aos comercios existentes, ao tránsito peonil e á entrada de vehículos a garaxes e a espazos de carga e descarga".
Por ese motivo, o Día do Libro de este 2024 pasa a establecerse nos Xardíns do Padre Feijoo, onde a Agrupación de Libreiros de Ourense instalará os seus postos. O que sí se mantén é o desconto do 10% para todos aqueles que queira mercar un libro, tanto nas librarías como no stand que estará aberto durante a xornada deste martes no centro da capital. Ademáis, haberá actividades para os máis pequenos, celebracións nos hospitais e entregaranse os premios do primeiro Concurso de Fotografía convocado pola asociación.