A celebración do Magosto provocará restricións de tráfico este martes no centro

Con motivo das actividades organizadas polo Concello de Ourense para celebrar o Magosto 2025, este martes, 11 de novembro, realizaranse varios cortes de tráfico no centro da cidade.
A partir das 12:00 horas pecharase ao tráfico un treito da rúa do Progreso, entre a glorieta de San Rosendo e a baixada á Alameda. Máis tarde, desde as 17:00 horas, prohibirase a circulación na Praza Maior, e media hora despois, ás 17:30, pecharase tamén a rúa Parada Justel.
Durante o corte da rúa do Progreso, os autobuses urbanos modificarán os seus percorridos. Por unha banda, os vehículos con destino ao Xardín do Posío circularán por Xoán XXIII (Abanca), Rúa Concello, Bedoya, Avenida de Bos Aires, Xoán de Nóvoa, Pardo Bazán e Peña Trevinca. Por outra, os que se dirixan ao Parque de San Lázaro farano por Xardín do Posío, Alameda, Doutor Fleming, Parada Justel, Progreso (con parada provisional no Inorde), Xoán XXIII e Parque de San Lázaro.
A partir das 17:30 horas, o itinerario modificarase de novo, pasando por Xardín do Posío, Peña Trevinca, Avenida da Habana e Parque de San Lázaro.
Ademais, co peche da Praza Maior ás 17:00 horas, a liña 15 (Praza Maior–Termas de Outariz) trasladará o seu punto de saída ao Parque de San Lázaro.