A CEO reivindica o papel da muller no mundo empresarial
O 8 de marzo é o Día Internacional da Muller e incide en 2024, en poñer en marcha un financiamiento transformador para a igualdade de xénero: “Investir nas mulleres: acelerar o progreso”.
A Confederación Empresarial de Ourense e o seu “Gabinete Técnico de Igualdade"están comprometidos con mellorar a participación da muller en todos os niveis da empresa e sociedade, visibilizando a necesidade de iniciativas que acheguen a unha igualdade efectiva entre homes e mulleres, que acurten a brecha de xénero, que está moi presente en todos os ámbitos da sociedade.
Ademais, teñen un compromiso maior na consecución do punto 5º dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible vinculado á Axenda 2030, impulsando medidas en materia de Igualdade, para recoñecer o talento feminino e identificar as barreiras existentes para o acceso das mulleres a postos de traballo, aos cargos directivos ou de decisión, e conseguir a súa erradicación.
O venres 8 de marzo comezará cun encontro en liña entre Marisol Nóvoa Rodríguez, presidenta da CEO e outras presidentas de Federacións e Confederacións, para reivindicar a figura da muller no mundo empresarial nunha data tan destacada como é o Día Internacional da Muller, e analizar a presenza e labor diaria que estas presidentas realizan. Destacar que tan só 8 ostenta o cargo de presidentas de Federacións e Confederacións Empresariais, dun total aproximado de 50 entidades. En contraposición, atopámonos cunha maior presenza feminina nas Ong., onde ocupan o cargo de presidenta ou directora no 64% das entidades do Terceiro Sector.
Ás 10:00 terá lugar o acto principal do día coa presenza de empresarias, profesionais e mulleres de todos os ámbitos da sociedade ourensá para visibilizar a prioridade que a Confederación Empresarial de Ourense ten en garantir a igualdade, a equidade, a diversidade; e que pretende non sen esforzos, romper cos estereotipos de xénero, recoñecendo e impulsando o talento feminino, favorecendo o acceso ao emprego de forma non sexista e contribuíndo á promoción profesional en termos de igualdade, entre outros moitos obxectivos. Nesta ocasión, farase mención a unha muller ourensá que abriu camiño á igualdade, María Teresa Eiriz Vázquez (1911-1982)