A Cibdá de Armea acolle este mércores una xornada arqueolóxica aberta ao público

Este mércores 13 de agosto ás 11:30 horas terá lugar unha visita guiada ao xacemento galaico-romano Cibdá de Armea, en Santa Mariña de Augas Santas, Allariz.
A actividade inclúe unha explicación sobre o xacemento e non require reserva previa. O punto de encontro será no propio xacemento. A proposta, organizada pola Xunta de Galicia, será unha oportunidade única para coñecer máis sobre un dos xacementos máis importantes do patrimonio galego.