A Clínica Podogal e ALCER Ourense asinan un convenio de colaboración

OurenseXa
Este convenio permitirá que as persoas con enfermidade renal que sexan socias de ALCER disfruten dun desconto nos servizos podolóxicos ofertados na clínica
alcer_convenio
ALCER Ourense asina un convenio coa clínica Podogal
1 Abr 2024

Navor Pereira e Sonia Pereira, representantes de Podogal e Miguel Quintas, Presidente de ALCER Ourense asinaron un convenio de colaboración que permitirá que os socios e socias de ALCER Ourense conten cun desconto nos tratamentos de podoloxía que ofrecen dende a clínica Podogal.

Este convenio facilita o acceso dos asociados á consulta profesional sanitaria de podoloxía, así como a todos os servicios dos que dispoñen.

Nas persoas con enfermidade renal crónica o coidado podolóxico ten unha finalidade preventiva, para tratar de evitar as complicacións propias dos pacientes con dita patoloxía e de ser o caso, tratar esas complicacións.

Ademais debemos ter en conta que o 50% das persoas con enfermidade renal crónica son persoas con diabete, nas que un coidado axeitado dos seus pés é fundamental para evitar o chamado “pé diabiético” que causa un dano nos vasos e nervios que poden conducir a serias complicacións.

ALCER Ourense é unha entidade que leva traballando polo benestar das persoas con enfermidade renal crónica en Ourense dende o ano 1982 e Podogal é unha clínica con máis de 20 anos de experiencia na atención de pacientes.

0.19831609725952