A Comisaría de Ourense: 40 anos dun dos edificios máis emblemáticos da cidade

OurenseXa
O edificio da Comisaría Provincial de Ourense festexa o 40º aniversario da súa inauguración
Comisiaría provincial de policía de Ourense
23 Xuño 2024

O edificio da Comisaría Provincial de Ourense festexa este 2024 o 40º aniversario da súa inauguración. É, sen dúbida, un dos edificios máis característicos e emblemáticos da cidade e, probablemente, un dos máis fotografiados polos turistas.

A súa enorme estrutura (situada nunha parcela de 4.50o metros cadrados) con detalles amarelos situada na rúa Mestre Vide, fronte a rotonda de Curros Enríquez, preside unha das vías máis transitadas da cidade e conta

O edifico é obra dos arquitectos Javier Suances, Xosé Henrique Rodríguez Peña, Luis Antonio Chao y Luis Garayzabal Enjuto, e supuxo unha inversión de preto de 3 millóns de euros, ou 500 millóns de pesetas da época.

O seus muros grises apórtanlle un caracter serio e monumental composto por oito plantas, coronadas por un enorme heliporto que sorprende aos veciños as veces que é utilizado. Alí, precisamente, débanse cita este venres diversas autoridades para conmemorar seu aniversario. A imaxe, lembran os veciños do barrio das Lagoas, que limita con esta construción, era similar a do día da inauguración, corenta anos atrás, cando veciños e autoridades acudiron, con gran expectación, á inauguración deste singular edificio.

Grazas a súa estrutura moderna e innovadora, así como ao seu tamaño, a comisaría de Ourense converteuse nun modelo a seguir e, anos máis tarde, o proxecto replicábase de forma moi similar na cidade de Málaga. Hoxe, o edificio segue sendo un refente arquitectónico e un dos emblemas máis característicos da cidade.

 

 

0.21937108039856