A compañía Inventi Teatro levará esta semana a Barbadás a función ‘A libraría máxica’

As actividades do Verán Cultural, organizado polo Concello de Barbadás, continúan esta semana coa representación da obra ‘A libraría máxica’, da compañía Inventi Teatro.
A función terá lugar o xoves 31 de xullo ás 21:00 horas. Trátase dunha proposta dirixida a público familiar, na que os libreiros sempre atopan o conto axeitado para cada visitante.