A compañía ourensá Sarabela Teatro, finalista nos Premios María Casares

A compañía ourensá Sarabela Teatro foi recoñecida como finalista nos Premios María Casares co seu espectáculo ‘A Metamorfose’, que opta ao galardón na categoría de Adaptación–Tradución polo traballo de Carlos Álvarez-Ossorio.
Trátase dun recoñecemento á labor de adaptación deste clásico, que mantén plena vixencia na actualidade ao abordar cuestións como a identidade, a mirada dos demais e a necesidade de ser recoñecidos polo que somos. A proposta escénica traslada ao escenario unha historia que continúa interpelando ao público contemporáneo.
Cómpre lembrar que na pasada edición dos Premios María Casares, Sarabela Teatro obtivo varios galardóns polo seu espectáculo ‘O dragón de ouro’, con premios nas categorías de adaptación-tradución, actriz secundaria, iluminación e espazo escénico, consolidando así a súa traxectoria e recoñecemento dentro do panorama escénico galego.