A compañía portuguesa Teatr'Ubi chega a Ourense para presentar a peza "Nó_cego"

OurenseXa
O Teatro Principal acolle este martes, 23 de abril, a función "Nó_cego", no marco da Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense
teatro_principal_recurso
Teatro Principal de Ourense
22 Apr 2024

A compañía de teatro Teatr'Ubi de Covilhã (Portugal) presentará este martes, 23 de abril, no Teatro Principal de Ourense, a súa peza Nó_cego, no marco da vixésimo novena edición da Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense.

Sinopse

Encontrámonos num traxecto calquera, no medio do mar, camiñamos de lado a lado e despois, así, de súpeto, sen máis, todo se desfai. Quería durmir para sempre! Para que pasase a dor! Todo é un xogo. Todo non deixa de ser un ensaio. Podemos morrer, repetir e morrer mellor, repetir veces sen conta ata encontrar a mellor maneira de morrer. Pensaba que aquel momento podería durar para sempre e que nada máis existía alén. Mais basta un minuto para que as cousas se tornen diferentes. Basta apenas un segundo… ao final o eterno é efémero

0.16536378860474