A compañía Tanxarina levará este venres a Allariz o seu espectáculo de monicreques ‘TitiriCircus’

Este venres 11 de xullo, a compañía Tanxarina presenta o espectáculo ‘TitiriCircus’ na Alameda de Allariz.
Trátase dunha función de monicreques e humor dirixida ao público infantil que terá lugar ás 20:00 horas, con entrada libre e gratuíta.
Esta actividade forma parte do programa Ler Conta Moito, organizada polo Concello de Allariz.