A compañía teatral De Ste Xeito levará o seu espectáculo 'Running' a Xunqueira de Espadanedo

A función terá lugar o sábado 14 de setembro no Salón de Actos de Xunqueira de Espadanedo
Cartel 'Running'
2 sep 2024

O espectáculo 'Running' unha suorenta comedia da compañía De Ste Xeito, chegará o vindeiro sábado, 14 de setembro, ao Concello Xunqueira de Espadanedo. A función terá lugar ás 20.30 horas no Salón de Actos de Xunqueira de Espadanedo.

A peza, dirixida por Esther F. Carrodeguas, está protagonizada polos actores Stephy Llaryora e Sergio Macías.

Trátase dunha vertixinosa peza cómica con mensaxe final… parodia da nosa ocupadísima vida actual coas súas eternas présas, ese maratón de teléfonos, móbiles, obrigacións familiares, persoais e laborais… que pretende reflexionar sobre a cabida que pode ter nesta acelerada dinámica “sempre Running” o amor, e en última instancia a relación cun mesmo.

0.18193006515503