A compañía Teatro Solpor levará a Celanova a función ‘O enfermo imaxinario’

OurenseXa
A representación terá lugar o vindeiro 19 de xullo no Auditorio Municipal Ilduara
teatro-solpor-celanova
10 Jul 2025

A compañía Teatro Solpor levará a Celanova a obra ‘O enfermo imaxinario’, unha comedia-ballet en tres actos escrita por Molière e traducida ao galego.

A representación terá lugar no Auditorio Municipal Ilduara de Celanova (AMIC) o sábado 19 de xullo, ás 20:30 horas.

‘O enfermo imaxinario’ conta a historia de Argán, un home dominado pola obsesión polas súas doenzas imaxinarias. Rodeado de médicos que se aproveitan do seu medo constante a enfermar, Argán pretende casar á súa filla Angélica cun doutor para ter sempre un médico dispoñible na casa. Mentres, a súa esposa Belinda fai todo o posible por sacar proveito da situación, soñando cunha herdanza que lle asegure o futuro. Pero a astucia da criada Toñita e o apoio de Beralda, irmá de Argán, desmontarán as artimañas de Belinda e darán a Angélica a oportunidade de escoller ao seu verdadeiro amor, Cleanto. Ao final, nun xiro cheo de humor, Argán decide facerse médico el mesmo, convencido de que así resolverá dunha vez os seus problemas de saúde, pechando a comedia co espírito satírico que caracteriza a Molière.

⚙ Configurar cookies
0.15451717376709