Celebran a XXXIII Festa da Vendima de Leiro

OurenseXa
Na súa intervención, como pregoeira, na XXXIII Festa da Vendima de Leiro, a titular de Medio Rural sinalou que “o viño é inseparable da celebración” en Galicia
Festa-da-Vendima-de-Leiro
26 Ago 2024

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, destacou a ampla tradición, a calidade e o apego á terra que caracterizan os viños do Ribeiro.

Na súa intervención, como pregoeira, na XXXIII Festa da Vendima de Leiro, a titular de Medio Rural sinalou que “o viño é inseparable da celebración” en Galicia e especialmente “nun momento tan sinalado para os viticultores e adegueiros como é o da colleita da uva”.

Nesta liña, Gómez puxo en valor que só na denominación de orixe Ribeiro (a máis antiga de Galicia) hai preto de 1.600 viticultores e máis de cen adegas. Ao tempo, animou a festexar “a moita riqueza que atesouran as súas vides, grazas á combinación do saber facer dos agricultores cunha terra de extraordinaria calidade e cun clima particular”.

Todo isto, engadiu, confire ao Ribeiro unhas características únicas e permite que os seus viños respondan a “unha serie de combinacións de exquisitos aromas afroitados e florais que case sempre resultan sorprendentes, ao elaborarse con variedades autóctonas tradicionais”.

Precisamente, a conselleira puxo de relevo o valor de castes como Treixadura, Torrontés, Loureira, Caíño, Brancellao ou Sousón, propias desta DO e que propician que estes viños teñan unha personalidade.

0.19048881530762