A coordinadora 'Afiando o vento' convoca unha manifestación en Ourense "contra a depredación enerxética"
O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas é unha das máis de 120 organizacións, asociacións e entidades sociais que apoia a sexta manifestación nacional “O pobo galego unido contra a depredación enerxética”, convocada pola coordinadora local Afiando o Vento na cidade de Ourense para este vindeiro domingo 24 de novembro, con saída ás 12.00 horas dende a Subdelegación do Goberno e finalización na Praza Maior.
O Sindicato Labrego vén apoiando esta sinerxía de traballo conxunto da poboación rural e urbana baixo a máxima “as cidades e o rural xuntas contra o capital” dende a convocatoria da primeira mobilización na Coruña en setembro do 2022; en Vigo, Lugo e Ferrol no 2023 e Pontevedra e Ourense no 2024, e confiamos en que esta forza conxunta nos permita seguir avanzando en distintos planos de loita para pórcouto a un Goberno, o da Xunta de Galicia, que está a lexislar na contra da súa propia poboación.
“Na Galiza levamos anos alertando do abominable estrago absoluto do medio rural que suporía o cumprimento dos polígonos industriais eólicos, fotovoltaicos, minas, fábricas de celulosa e ampliacións de balsas contaminantes que o Partido Popular de Galicia e empresas afíns pretenden impór no noso territorio”, explican os organizadores.